Monaga, historia dunha morte anunciada

79

Neste contexto de crise sistémica e non coxuntural, como algúns gurús sindicais queren facernos crer, o sector naval desmorónase máis e máis coa aprobación de ERE subvencionados polo Estado e os sindicatos maioritarios. Pechan empresas que nos ultimos 10 anos ingresaron beneficios millonarios, despiden a traballadores molestos e reivindicativos co movemento obreiro que o sindicalismo pactista deixa no camiño con demandas xudiciais que nunca estarán de parte dos traballadores máis comprometidos e así un largo etc. co único obxetivo claro por parte das burocracias sindicais de evitar constantemente a mobilización obreira. A historia dunha morte anunciada de Montaxes Naval Galega (MONAGA) vén dende que hai un ano a empresa empeza coa lideira, e con moito interese, de poñer enriba da mesa o ERE por causas produtivas e organizativas, aproveitando tamén a famosa crise, iso si, todo despois da reforma laboral e a reforma das pensions.

Despois de moitas e lexítimas xuntanzas e negociacións por parte dos delegados de persoal e "asesores"(CIG, UGT) e as correspodentes asembleas de traballadores, aceptamos o ERE cunhas condicións algo máis beneficiosas e cun acordo dentro da situación exposta pola representación sindical,"aceptábel". Unha vez asinado o ERE, os traballadores comezamos a ver movementos raros por parte da dirección e algúns mandos intermedios como o rexeitamento de obras e traballos en estaleiros, incluso algunha obra civil, ou non facer presupostos deixando traballos xa contratados sen rematar por capricho do empresario de MONAGA. Tiñamos aínda traballo para máis dun mes e e a empresa decidiu non traballar, sen explicación lóxica algunha, dando vanais e fedorentas excusas, dicindo que a empresa tiña perdas, perdas que en 10 anos non tivera.
En cuestión de semanas atopámonos os 60 compañeiros indefinidos na regulación de emprego vulnerando así o acordo do ERE de traballar nun turno rotativo dun mes cada 30 traballadores. Compañeiros, foi un autentico cambalache do empresario mailas burocracias sindicais, unha vez consumidos os 3 meses de ERE a aunténtica verdade sae a relucir: foi todo unha estratexia do patrón para facer un peche patronal deixando así a 60 familias na rúa. O máis grave e sorprendente é que en ningún momento se valoraron, por parte da representación sindical (CIG, UGT), alternativas de clase como a mobilización e presión dos traballadores na rúa obrigando aos empresarios e institucións a manter a viabilidade da empresa e dos traballadores, non valendo as escusas da patronal de que teñen perdas; ¡perdas temos os traballadores cada ano en poder adquisitivo e dereitos!. O grave é que os mal chamados lideres sindicais (acomodados fai 20 anos) só teñen como alterntativas a sumision e o peche da empresa sen pena nen gloria e sen dar ninguha batalla, iso si, todo xestionado de maneira dubidosa por administracións, inspeccións de traballo e sindicatos maioritarios onde alegan que é o mellor para os traballadores. NON COMPAÑEIROS, NON, o mellor para os traballadores e manter os nosos postos de traballo e seguir coas nosas lexítimas reinvindicacións dentro de cada sector. A cousa non queda aí xa que non é MONAGA a única empresa nesta situación: ERE fraudulentos e despedimentos masivos en moitas empresas do sector naval, polo tanto non se entende como e por que os sindicatos maioritarios miran para outro lado e non damos unha resposta conxunta e un paso adiante os traballadores do naval e do metal, con unidade obreira e comprometida para enfrontar esta voráxine de despedimentos colectivos encubertos polos sindicatos maioritarios. COORDINADORA CUT-METAL