MOBILÍZATE COA CUT O 3 DE XUÑO: NIN RECORTES NIN DESPIDOS

319

BASTA XA DE CONTOS: ANÁLISE DA ESTABILIZACIÓN E ACLARACIÓNS CXT 23-24

A asamblea de profesorado reunida este mércores baixo o lema “Desestabilización” tomou a decisión de elevar a voz como afectadas directas da estafa do proceso de estabilización docente que non cumpre coa súa finalidade. 

É por iso que a asemblea decidiu convocar unha CONCENTRACION de protesta o vindeiro SÁBADO 3 DE XUÑO ás 12.00 na Praza do Toural en COMPOSTELA, tras a adxudicación definitiva de prazas do día 1. 

Oímos ao conselleiro de educación gabarse na prensa de ter estabilizado a máis de mil profesionais cunha longa traxectoria, obviando que deixa a outros dous mil fóra de xogo con dereito a unha indemnización que ronda os 30 millóns de euros. 

A Xunta de Galicia tivo (e ten) o amparo legal para facer unha oferta que cubrise a todo o persoal docente afectado, que puxese fin a anos de temporalidade entre o profesorado galego, produto dos recortes orzamentarios e de prazas durante máis dunha década. Pero non foi así, senón que fixeron xunto cos sindicatos da Mesa Sectorial unha estafa organizada entre eles e o Ministerio que semella máis un concurso de títulos que unha estabilización en base ao tempo traballado. 

A lei de estabilización, que afecta a todas as administracións públicas, estabiliza no seu posto ao 100% do persoal temporal en concellos, deputacións e organismos non dependentes da Xunta de Galicia. O recorte de prazas a estabilizar foi brutal e intencionado e terá a súa resolución no Alto Tribunal de Xustiza da Coruña, na demanda por nós interposta. 

A incerteza é agora maior ca antes para o colectivo temporal non estabilizado co cambio de adxudicación de prazas en estruturais e non estruturais e en moitos casos sen praza que ocupar o próximo curso tras anos de desempeño. 

A supresión intencionada do dereito a estabilizar da maior parte do colectivo por parte da Xunta de Román e Rueda, no pode máis que deixar aberto o conflito que este sindicato leva por bandeira dende hai máis de 5 anos, xa que o resto de organizacións decidiron mirar para outro lado ante este problema. 

Facemos un chamamento á solidariedade das compañeiras funcionarias de carreira, persoal estabilizado e temporal ante a dura situación que se presenta para elas e as súas familas nun novo golpe ao persoal temporal. 

Análise do resultado do concurso de méritos

O resultado da estabilización por concurso é dispar segundo o corpo que analicemos: onde practicamente non existiron aprobados sen praza, ao axustar os aprobados da primeira proba  eliminatoria ao número de prazas (ou case), atopamos moi pouca xente que puntúe no apartado de procesos aprobados, polo que o factor decisorio para acadar praza foi o apartado de méritos académicos.

Alí onde o profesorado acostuma a traballar en varias especialidades (Primaria, FP) os puntos por tempo traballado viron minguarse de forma drástica de ter alternado entre varias. Además, moitas mestras dispoñían dos puntos por procesos aprobados dende 2012, cousa que o temporal lonxevo non posúe por ter aprobado antes desa data a maior parte deles. 

 Por último, o profesorado técnico de FP integrado en Secundaria, os mestres de orientación e profesorado especialista, viron cambiar as regras do xogo na metade da partida: a Xunta de Galicia alterou as bases a posteriori da súa publicación, de forma absolutamente irregular, variando a puntuación por experiencia destes docentes, que recurrrirán ata o final esta circunstancia inasumible. 

O persoal estabilizado non é o que máis tempo leva traballando, é aquel tamén en fraude e abuso de temporalidade que máis procesos ou máis títulos académicos acadou e con experiencia suficiente para competir nos postos máis altos. Porén vemos como persoal con 20 ou máis anos traballados queda lonxe de obter a súa praza.  

CXT 23-24

Nos últimos tempos presenciamos unha guerra de acusacións entre a organización ANPE e o sindicato corporativo CCOO arredor da situación do proximo CXT no que o profesorado estabilizado será nomeado funcionario de carreira. 

Esta circunstancia vén recollida no acordo estatal que CCOO, UGT e CSIF asinaron en Madrid xunto co irrisorio baremo de estabilización: non hai fase de prácticas para o persoal estabilizado por concurso de méritos, polo tanto concursa no CXT con todos os puntos. 

Además deste acordo, o Tribunal Supremo na sentenza 3176/2022 de 21 de xullo de 2022 establece que “a valoración dos servizos prestados como funcionario de carreira, persoal fixo, e como funcionario interino ou persoal de duración determinada, non poden ser obxecto de valoración diferente, xa sexa obviando o traballo desenvolto polos funcionario interinos, xa sexa dando ao mesmo menor puntuación, sempre e cando se refiren aos mesmos postos de traballo mediante a realización das mesmas ou asimiladas funcións.”

Isto quere dicir, que non se pode obviar a experiencia do persoal interino no primeiro CXT como o persoal que nunca traballou nun centro e con 0 puntos por este concepto. 

Todo isto leva a que dende xullo de 2022, o persoal participante no CXT ten dereito a que se recoñeza dende o primeiro CXT o tempo traballado. Atopámonos por tanto que a Xunta xa obviou a norma para aqueles docentes con servizos prestado que estiveron en prácticas no curso 22-23 e que a Xunta fixo concursar con 0 puntos, ignorando a sentenza do TS do mes de xullo. 

Certas organizacións empeñadas en crear enfrontamentos entre o persoal docente, sitúan sen embargo na picota aos docentes saídos do proceso de estabilización xa que ao non ter fase de prácticas e ser nomeados funcionarios de carreira, concursarían co total dos puntos dende o principio, segundo o seu discurso. Coma sempre obvian a existencia da sentenza e que omitiron esta información no CXT xa pechado e parece que tampouco pensan pelexar porque se aplique aos docentes do concurso-oposición de estabilización con tempo traballado. 

En definitiva, créase un bulo conforme ao que os docentes estabilizados teñen privilexios, cando saben perfectamente que calquera forma de acceso, por concurso ou oposición, ten a partir de xullo de 2022 que valorar dende o primeiro CXT o tempo traballado, sexa ou non de estabilización. A coincidencia no tempo con estes procesos da resolución da sentenza é aproveitada para alporizar a certo sector descontento con este avance que debe ser extensible a todas. 

A CUT apoiou e apoia agora firmemente e por acordo asembleario a extensión do dereito establecido na senteza de xullo de 2022 a calquera persoa que supere un proceso selectivo do tipo que sexa na Conselle?ia de Educación: o tempo traballado ten que ser sempre valorado.