Mobilízanse os falsos bolseiros da Deputación de Pontevedra

141

O pasado 12 de maio fallaba o Xulgado do Social número 4 de Ponteverda no preito que sostiña a Tesourería da Seguridade Social coa Deputación de Pontevedra. Este fallo recoñece que os bolseiros afectados pola inspección de traballo eran, en efecto, traballadores. Estes desempeñaban tarefas sen supervisión das que a Deputación se lucraba, de xeito directo a través de diagnósticos de laboratorio ou de xeito político con plans como o REVITALIZA. Entre outras cousas a sentenza, que afecta a 38 traballadores, recoñece que algúns tiñan móbil de empresa e credenciais propias dun traballador.
A existencia coñecida destas situacións precarias vense perpetuando dende fai anos por empresas e institucións públicas. Apostan por falsos bolseiros para cubrir fallas de persoal, deixando de lado a dimensión formativa.
A consecuencia do habitualmente curto período de tempo que comprenden as bolsas, a falta de contratos e libre interpretación de bases e convenios, fai que estes colectivos sexan febles e estean especialmente desprotexidos fronte os abusos.
Os afectados estudan agora as formas de facer presión sindical para que a Deputación de Pontevedra recoñeza o seu posto de traballo e os readmita.