O ensino público galego saiu ás rúas este 6 de maio

67

Este 6 de maio, a comunidade educativa galega volveu demostrar nas rúas que existe unha preocupación real polo presente e polo futuro do ensino público. En máis de vinte localidades do país, profesorado, alumnado, familias e persoal dos centros participaron nas mobilizacións convocadas para reclamar un cambio nas políticas educativas da Consellaría.

Dende a CUT queremos agradecer e poñer en valor a implicación de todas as persoas que fixeron posible esta xornada de loita colectiva. A mobilización social é fundamental para visibilizar os problemas que arrastra o ensino público galego: a precariedade do persoal interino e substituto, os peches de centros no rural, os rateos elevados, a sobrecarga docente, a falta de recursos de atención á diversidade, a privatización progresiva da FP ou un sistema de oposicións cada vez máis cuestionado, entre moitas outras cuestións.

A CUT estivo presente nesta xornada xunto ao resto da comunidade educativa, apoiando unhas reivindicacións que consideramos imprescindibles para defender unha escola pública galega, inclusiva e de calidade.

Parabéns a todas as persoas que participaron, organizaron, difundiron e sostiveron estas mobilizacións desde abaixo, con esforzo e compromiso colectivo.

Podes ver as imaxes da xornada na nosa galería:

25 2026-05-07 at 12.32.25
previous arrow
next arrow
Shadow