Este xoves, 13 de febreiro, as traballadoras de UNVI voltan ás rúas. Os compañeiros da Unidade de Producción 3 de UNVI, empresa ourensá de fabricación de autobuses e vehículos especiais, inician un calendario de mobilizacións e actos de presión co fin de reclamar unhas condicións laborais dignas.
“O cadro de persoal de UP3 leva máis dun ano traballando en precario, durante o cal a empresa só fixo ouvidos xordos ante as demandas do comité en matería de saúde e riscos laborais”
O cadro de persoal de UP3 leva máis dun ano traballando en precario, durante o cal a empresa só fixo ouvidos xordos ante as demandas do comité en matería de saúde e riscos laborais, tapando malamente as eivas máis cativas, pero sen solucionar as realmente importantes e nocivas para as traballadoras. Por iso dende a CUT dicimos que xa abonda!
A maioría do comité (CUT e CIG) damos comezo a unha serie de actos de protesta para defender os nosos dereitos laborais cunha concentración na porta do centro de Produción 3 de UNVI, no polígono de San Cibrao das Viñas (Ourense), o próximo xoves 13 de febreiro de 14:00 a 15:00 h.
Porque a nosa saúde é o primeiro!!