Mobilizacións en Galiza para preparar o 24-0
Este venres desenvolvéronse nas diferentes cidades galegas mobilizacións das Marchas da Dignidade que levaron novamente ás rúas un chamado de confluencia real e por abaixo de cara á convocatoria do 24 de outubro que arrastrará ao Obradoiro todo un curso de diferentes experiencias e loitas políticas e sociais ligadas polo fío común da resistencia popular e a dignidade.Centos de persoas confirmaban ao longo do territorio galego que a unidade popular é produto dun traballo constante nas rúas en defensa dos intereses da maioría social agredida, ultraxada e excluída de todos os centros de decisión. Por iso, dende agora e cara a finais de outubro, a axenda das Marchas da Dignidade gañará intensidade co obxectivo de incidir na idea de que sen pan, traballo e teito a paz e a xustiza social son imposibles. Nós témolo claro: ou eles ou nós. E, obviamente, optamos por nós.