Continúan o seu peche no reitorado os compañeiros Xosé Portela e Xosé Suárez. A actitude do reitorado segue no camiño da ignorancia, pretenden silenciar as súas reivindicacións e facelos parte do inventario da universidade. Esta última intención non vai ter éxito, pois os nosos compañeiros están cheos de dignidade e comabividade, e a ese ánimo de loita únese a solidariedade de todos e todas nós. O vindeiro venres 5 de novembro, ás 11 horas, convócannos a unha concentración diante do reitorado; é labor de todos e todas loitar contra o silencio que os poderes “públicos” queren impor sobre as xustas reivindicacións dos nosos compañeiros. Fagamos noso o conflito porque a loita é de clases.