Mobilización sábado 19 de febreiro en defensa das traballadoras temporais de ensino

211

A Central Unitaria de Traballadoras (CUT) vén de convocar para o próximo sábado día 19 de febreiro ás 12:00 unha concentración de protesta no Parlamento de Galicia (Compostela) en defensa dos postos de traballo do persoal temporal do ensino galego, ante a próxima oferta de consolidación para a que pedimos transparencia, información e tramitación publicas.

Chamamos a participar a todas as profesoras, mestras e sociedade en xeral para rexeitar a decisión do goberno da Xunta de Galicia de evadir a Lei 20/2021 de Redución da Temporalidade aprobada en decembro nas cortes Españolas.

A Xunta de Feijóo pretende unha convocatoria ordinaria de oposición, non de consolidación como obriga a lei. Os criterios de acceso serán aínda máis duros que en pasadas convocatorias, poñendo en risco o posto de traballo de milleiros de profesionais con anos ou décadas de experiencia no servizo público do ensino.

Non debemos esquecer que o persoal docente temporal foi contratado para cubrir necesidades permanentes no ensino galego tras os recortes orzamentarios derivados da crise de 2008, asumindo ademais un sobreesforzo asociado á temporalidade e á inestabilidade.

Por outro lado as declaracións impropias e lesivas do conselleiro Román Rodríguez, tentando xustificar a non aplicación da Lei xa aprobada aducindo intereses alleos ao ensino e depreciando a experiencia, a cualificación e a carreira profesional do profesorado temporal que exerce nas aulas Galegas.

Por todo isto volveremos a berrar:
UNHA PROFESORA=UNHA PRAZA
DEFENDAMOS A CONSOLIDACIÓN