A CUT mobilizarase en Compostela pola readmisión dun compañeiro e unha compañeira o vindeiro xoves 4 de decembro, ás 21,00 horas diante da empresa, na rúa da Senra.
Á raíz de dous despedimentos nos centros de As Cancelas e rúa da Senra, esta central puxo o foco nos graves incumprimentos laborais que están a ter lugar nos locais desta multinacional, entre os que destaca unha fraude sistemática na contratación do persoal, que permanece en situación de temporalidade cubrindo postos de emprego indefinidos, co correspondente retallada de dereitos que isto supón. Máis unha vez, a patronal sabe ben o valor de disciplinar aos traballadores e traballadoras mediante a temporalidade, nun contexto no que contrato temporal segue a ser igual a silencio escravo do persoal. Se a denuncia a Inspección presentada por esta central sindical prosperou até o límite de que a empresa se está vendo obrigada a transformar en indefinidos os contratos, algo que é sen dúbida un éxito, seguen sen progresar as negociacións coa patronal dirixidas á readmisión dunha parella de compañeiros despedidos cando a empresa foi coñecedora do embarazo dela, con argumentos como “nos non imos pagar a túa baixa por maternidade”, ou “despois de ter o fillo xa volveremos a falar de traballo”. Mentres non se dea unha solución integral, que pasa pola readmisión do compañeiros e a compañeira e o recoñecemento de todas as horas realmente traballadas (unha media de 30 cando os contratos son de 15 horas), a CUT seguirá a batallar na rúa as súas readmisións. Burguer King: READMISIÓN DAS DESPEDIDAS.© 2014 Microsoft Termos Privacidade e cookies Desenvolvedores Português (Brasil)