Convocada Folga en Faurecia para o 9 de xuño

92

Despois de 15 xuntanzas negociando pola parte social e intentando impor a explotación por parte da Empresa, o Comité de Traballadores e Traballadoras en pleno decidiu rachar as negociacións e convocar folga indefinida dende as 6 da mañá do día 9 de xullo.

O Comité, coa aprobación das asembleas, non acepta tragar coa imposición da flexibilidade horaria, salarial, de categorías… é dicir, non acepta ser escravos para que a multinacional FAURECIA ASIENTOS DE GALICIA siga acumulando cartos co noso traballo.O Comité actua con dignidade de clase, co convencemento que a nosa unión leva á vitoria.Nos vindeiros días iremos informando das mobilizacións nas que contaremos coa vosa solidariedade de clase.Sección Sindical da CUT en FAURECIA