Mañá, xoves 20 de xullo, ás 13.30h, as traballadoras de UNVI volven protestar ás portas da fábrica e a CUT estará con elas.
As políticas de flexibilización de xornada, deslocalización da produción cara Portugal e redución do cadro de persoal tradúcense en escravitude laboral e maximización do beneficio empresarial.
Políticas que se volven facer visibles na última ameaza: un ERTE de 10 meses que, tras varias xornadas de reunións do comité, a empresa se nega a negociar, demostrando que o único que pretenden é ter o cadro de persoal producindo en seis meses o traballo dun ano e consumindo o paro na casa ata a próxima entrada de traballo.
Debemos dar a cara e deixarlle claro á empresa que non todo vale, que non van encher os bandullos do noso prato. Non podemos permitir que se estenda esta lóxica empresarial, na que só importa o beneficio por riba do dereito a un traballo digno.
Vémonos este xoves 29 ás 13.30 na entrada de UNVI. Só a solidariedade obreira frea as aletas destes tiburóns!