Metal: da loita de clases á derrota sindical

302

Asinaron UGT e CCOO un novo acordo coa patronal do metal de Pontevedra para os anos 2013 e 2014. Máis alá da literatura do devandito precacordo, máis alá da conxelación salarial no ano 2013 e a suba dun 1% para o ano 2014, máis alá de todo isto, a sinatura require unha análise con perspectiva histórica.

Foi sempre o naval e o metal a vangarda da clase traballadora galega nos seus epicentros industriais, e nomeadamente en Vigo. Marcaban sempre o camiño a seguir para os demais traballadores e traballadoras, eran a resistencia a esa paz social imposta polos grandes sindicatos e patronal, o exemplo vivo que mostraba a crueza da loita de clases: os explotados contra os explotadores erguendo a bandeira da dignidade.Dende os anos 80 o movemento obreiro converteuse no inimigo número un para os gobernos españois submisos aos ditados da Unión Europea. Felipe González deu o primeiro golpe coa reconversión naval daqueles anos, hoxe dan o golpe definitivo coa complicidade das mesmas centrais sindicais.Nos últimos meses botáronlle a culpa ao tax lease, cando a única realidade é que a crise é de modelo produtivo (subcontratas, subvencións, horas extra, explotación…), modelo que foi construído pola patronal, os gobernos e os sindicatos nas “mesas de negociación”.O último conflito do metal en Vigo, cunha folga dura e intensa, levounos a dúas lecturas: a demostración da dignidade e capacidade de loita dos traballadores e traballadoras e a máis que evidente traizón sindical por ineptitude, medo e intereses alleos aos da clase traballadora. A patronal xa tiña o que levaba anos buscando: derrotar ao metal é o naval para derrotar á clase traballadora.Agora asinan un convenio agochados nos despachos con calefacción e vistas a unha ría de Vigo que vai deixando de escoitar os golpes das chapas e os berros con mono azul nas rúas. Que non se fíen, hai cousas que non se esquecen, e as páxinas máis fermosas da loita obreira en Vigo levámolas escritas na memoria.O preacordo do convenio do metal pódese descargar AQUÍ [PDF]