MÉRCORES 18 DE XULLO, CONCENTRACIÓNS NA RÚA FRONTE ÁS MEDIDAS DO GOBERNO

61

ÁS 12 DA MAÑÁ, FRONTE Á  XUNTA DE GALICIA EN VIGOÁS 20 HORAS, FRONTE Ó CONCELLO DE CANGAS.As recentes medidas do Goberno do PP, non so veñen a recortar aínda máis a precaria situación da clase traballadora. Como non podía ser doutra maneira, ensáñanse cos sectores máis humildes da sociedade. Parellamente para amedrentar á poboación, a política de “pau e tenteteso” é algo que é noticia todos os días: estudantes, mineiros,… Non hai outra solución que a mobilización permanente, non hai outra solución que a unidade de todas as loitas e sectores; parad@s, sanidade, ensino, funcionarios, afectad@s pola estafa bancaria, estudantes, xubilad@s, etc. Temos que saír á rúa con carácter permanente.O vindeiro mércores día 18 de xullo, a CUT convoca concentracións para denunciar este novo aldraxe á clase traballadora. Serán ás 12 da mañá fronte a Xunta de Galicia en Vigo, e tamén ás 20 horas fronte o Concello de Cangas.POLA NOSA DIGNIDADE, POLOS NOSOS DEREITOS!!