Hoxe, a 1 de agosto, a unión do profesorado foi patente: funcionarios, substitutos e interinos nun acto solidario e de dignidade contra os recortes da Xunta. As ausencias tamén estiveron moi presentes entre as traballadoras.
Dirixímonos ao edificio e solicitamos falar con Canosa que dixo estar reunido todo o día e non poder recibir ás traballadoras que quere despedir.
Esta de falta de diálogo coas 300 persoas que estaban na porta é unha mostra máis do desprezo dos xestores do ensino público ao profesorado.
Aínda ten tempo de reverter a situación, e só depende da súa vontade como dela dependeu saltarse previamente a lei:
1. Parar os recortes de profesorado nos centros de toda Galiza.
2. Baixada de rateos e horas lectivas inmediata.
3. Restitución en postos xenerados polos puntos anteriores do persoal en fraude para o curso 22-23.
4. Ampliación da oferta de estabilización coas prazas necesarias para cumprir a lei.
Na asemblea posterior in situ acordamos que de non haber cambios inmediatos na adxudicación de mañán e unha ampliación suficiente na oferta de estabilización, o curso empezará quente para a Consellería de Educación.
Se nos botan á rúa, alí estaremos dando guerra.
NON IMOS PARAR CANOSA