MARÉ DE DIGNIDADE. A CRTVG CONTRA A REPRESIÓN.

81

O Comité Interempresas da CRTVG vén de convocar unha marcha para o vindeiro sábado 21 de abril do 2012, que sairá do Pazo de Congresos de Galiza en Compostela ás 11:30 horas, para deterse ás portas da CRTVG.Baixo a lenda “NIN REPRESIÓN, NIN MANIPULACIÓN”, a representación colectiva das traballadoras chama á sociedade galega a responder na rúa contra as políticas de manipulación e ocultación informativa da CRTVG, que segue a invisibilizar o conflito social ao servizo dos intereses do goberno de turno. Unha mobilización que tamén o é contra as dinámicas represivas da Dirección deste medio público que está a ameazar aos traballadores e traballadoras do servizo e á representación colectiva con expedientes sancionadores pola ocupación dos edificios centrais que a máis dun cento de persoas afectadas polo “corralito galego” levou a cabo.Todo comezou o 30 de marzo.A indignación que a utilización partidaria dun servizo público elemental segue a provocar no seo das clases populares galegas, eclosionou o pasado 30 de marzo nunha ocupación dos edificios centrais da CRTVG en San Marcos (Compostela) por parte das persoas afectadas polas participacións preferentes (a grande estafa bancaria de Novagalicia Banco), manifestando o seu cansazo ante a invisibilización das súas voces neste medio público.Durante o transcurso da toma do edificio público e diante da ausencia significativa da Dirección da Empresa e a esperpéntica fuxida pola porta traseira do seu Director Xeral Sánchez Izquierdo, o cadro de persoal e o Comité Interempresas adoptaron unha actitude de mediación activa, diálogo que mantivo o carácter pacífico da ocupación e evitou enfrontamentos graves entre o cadro de persoal e as persoas afectadas.Malia a actitude exemplar da representación colectiva a Dirección, que durante a ocupación se parapetou co corpo de Policía de de seguridade nos seus despachos, lanzouse á opinión pública para encetar unha auténtica “caza de bruxas”, abrindo un expediente informativo para o que os nomeados “instrutores” son os principais responsábeis da Seguridade do centro, que deixaron aos traballadores e traballadoras á súa sorte. As intencións da Dirección do Ente ficaron patentes no documento de apertura do expediente, toda unha declaración de principios onde se apuntou, sen ningún tipo de investigación previa, á “necesaria colaboración interna” do persoal co desenvolvemento da ocupación.É contra o macarthismo popular, amparado polo Director Xeral, que o Comité Interempresas chama a saír á rúa, considarando que a responsabilidade última deste estado de indignación popular segue a ser a manipulación informativa desaforada da CRTVG. Para a CUT faise precisa a democratización pública deste medio, e a loita por unha CRTVG ao servizo do pobo e en concreto das clases populares, que son a maioría social.Esconde algo a CRTVG?Nun documento distribuído no centro de traballo de San Marcos nesta mañá pola Sección Sindical da CUT no ente, levantáronse varias sospeitas sobre o incumprimento “nos aspectos máis graves da Lei de Prevención de Riscos Laborais” na omisión de actividade da empresa durante o transcurso da ocupación, entre as que constatan dende a “descordenación e ineficacia do operativo de seguridade” até o “peche con chave do Control de realización do Plató 300” con traballadores e traballadoras no seu interior, expóndoos a un grave risco laboral.Amais de todo isto, denunciaron a proibición de entrada “da asesoría laboral no Comité de Seguridade e Saúde, dificultando o traballo sindical en Prevención”, feito que a Sección Sindical considera de “especial gravidade” e denota nas súas palabras o “interese da Dirección en ocultar as súas posíbeis infraccións de aspectos fundamentais en materia de Prevención”.O Comité Interempresas da CRTVG vén de convocar unha marcha para o vindeiro sábado 21 de abril do 2012, que sairá do Pazo de Congresos de Galiza en Compostela ás 11:30 horas, para deterse ás portas da CRTVG.Baixo a lenda “NIN REPRESIÓN, NIN MANIPULACIÓN”, a representación colectiva das traballadoras chama á sociedade galega a responder na rúa contra as políticas de manipulación e ocultación informativa da CRTVG, que segue a invisibilizar o conflito social ao servizo dos intereses do goberno de turno. Unha mobilización que tamén o é contra as dinámicas represivas da Dirección deste medio público que está a ameazar aos traballadores e traballadoras do servizo e á representación colectiva con expedientes sancionadores pola ocupación dos edificios centrais que a máis dun cento de persoas afectadas polo “corralito galego” levou a cabo.