Asunto: Maquinas Vending
Vigo, a 6 de Marzo de 2017
Na xuntanza de Comité de Empresa deste pasado 28 de febreiro informóusenos de cambios nas maquinas do Vending. Quixeramos voltar a insistir para que se aproveiten estes cambios para mellorar o servizo:
Calidade, esta veuse diminuída tralo cambio da concesionaria anterior a actual. A máis demanda polos usuarios a calidade do café e a dos bocadillos, que non dependen tanto da meteoroloxía como si do tipo de máquina ou do tipo de café empregado.
Variedade, nos produtos e nos tipo de maquinas, xa compartimos con anterioridade a necesidade de modernizar o tipo de maquinas que ofrecen alimentos. No mercado existen máquinas que proporcionan alimentos quentes e que separan na mesma maquina os alimentos que necesitan ser refrixerados dos que non.
Prezos, aproveitándose a empresa que non ten competencia e os traballadores/as non teñen outra posibilidade de obter o produto os prezos son excesivos.
Mantemento, as numerosas avarias que sofren ás maquinas de café; palillos, azucre, etc. ou ata incluso permanecen avariadas horas, por un mantemento escaso.
As áreas exteriores de cafeteiras deberan contar cun tellado illado térmico, no verano non se pode estar no seu interior debido as altas temperaturas, exemplo as do pasillo central fronte a enfermería.
A necesidade de reordenar as zonas. Xa tamén e coñecida por vostede a necesidade de implantar por exemplo unha zona de maquinas no hall norte ao carón dos baños. Os traballadores/as de ferraxe nos descansos teñen que elixir entre ir ao baño ou ir a maquina a repoñer líquidos, a outra opción ante a súa teimuda negativa e voltar a tempos anteriores onde un traballador facía os recados e ía buscar os cafés.. E non se esqueza da nova configuración dos ferraxes coas obras dos novos coches que mudan as zonas de descanso dos traballadores/as e as rutas para acceder as zonas.
A maiores e non por elo menos importante, as máquinas que se instalen deben cumprir coa normativa e lexislación ao efecto establecida. As actuais maquinas non dan cambio. As novas maquinas non deben discriminar e penalizar aos usuarios polo método de pago que se use, ao non dar cambio o prezo ao pagar en moedas e sempre máis caro que ao facelo coa tarxeta.
Agardando recolla as nosas peticións, e para que conste aos efectos oportunos