Maquinas Vending, valeiras!

Servizo moi defectuoso consecuencia dos recortes de persoal .

133

Asunto: Maquinas Vending.

Dende fai xa tempo vimos denunciando o lamentable servizo que a empresa concesionaria das maquinas de vending esta proporcionando.

Esta situación veuse agravada nos derradeiros meses, tal vez a consecuencia da redución de persoal de dita adxudicataria.

As avarias nas maquinas de vending tardan horas en ser reparadas, co conseguinte prexuízo que isto xera para @s traballadores/as que pretenden facer uso das mesmas.

Así mesmo as maquinas de sólidos, e as de bebidas en innumerables ocasións están valeiras, por falla de reposición. Non cumprindo deste xeito coa súa misión, que non é outra que dar servizo @s traballadores/as.

Dende esta Sección Sindical, entendemos que as condicións que padecen @s traballadores/as, co respeto o servizo de vending, non foron as acordadas entre a empresa adxudicataria e PSA-Vigo.

En base o anterior; SOLICITAMOS:

Que se poñan en contacto coa empresa adxudicataria, para que a maior brevidade posible corrixa esta situación.