No día de onte faleceu Manola Tato Martínez, compañeira da CUT e loitadora infatigábel na defensa da clase traballadora galega, comprometida sempre con todas as causas xustas.
Muller brava, deixa en nós a pegada da súa alegría revolucionaria e a forza de quen nunca se rendeu. Co seu exemplo continuaremos a pensar e erguer o futuro para todas nós.
Voa alto, Manola. Non te esquecemos.