Manipulación electoral ?

11

O próximo mércores día 7 vai a ter lugar o laudo arbitral presentado pola CUT, con respecto a unha posible manipulación do vindeiro proceso electoral na Citroen. Este laudo é contra a constitución dunha mesa electoral central sen terse constituído o resto de mesas. Para nós este proceso xa nace viciado, pero neste caso non só pola suposta inxerencia da empresa e do seu sindicato corporativo, desta volta tamén o resto de organizacións sindicais, ben aceptando estas “regras” da empresa sen máis ou poñéndose de lado ante as mesmas, parece que lles vai ben ese suposto control do proceso. A que ou quen lle teñen medo? Interésalles tamén ese suposto control? Estas preguntas terán resposta o próximo mércores, miraremos de que lado se posicionan.

Como se organizan unhas eleccións sindicais ?

As eleccións son un proceso promovido e organizado polas persoas traballadoras. Aquí non valen maiorías nin minorías, a lei establece as normas básicas e o comité de empresa NON PODE votar para decidir si se organizan dun xeito ou doutro.  A empresa tampouco ten ningún poder de decisión, a súa única función neste proceso, é a de poñer os medios necesarios e facilitar o censo.

Que di a lei con respecto as mesas electorais?

Primeiro se teñen que constituír as diferentes mesas electorais, conformadas por tres persoas cada unha, a de máis antigüidade, a de maior idade e a de menor idade en cada censo. Unha vez constituídas as diferentes mesas, os seus integrantes e só ELES/AS, poden decidir si se constitúe unha mesa electoral central ou non.

Que pasa na Citroen?

A empresa e o comité, coa única oposición da CUT, deciden facer o proceso o revés e constitúen primeiro unha mesa electoral central, que será a que tome tódalas decisións e organice ao resto das mesas. E a empresa escolle que persoas deben formar parte desa mesa ao seu exclusivo criterio. Interferindo na limpeza do proceso?

Que pode decidir esta mesa electoral central?

Esta mesa pode decidir e de feito decide (entre outras cousas) cuestións tan importantes de cara a un posible control do voto, como pode ser o número de integrantes do censo de cada urna ou a posición das mesas auxiliares para coller o voto.

Que pretende a CUT con este laudo arbitral?

Simplemente que se cumpra a legalidade e que podamos ter unhas eleccións libres de toda sombra de dúbida de posible manipulación, para que cada quen poida acudir a votar libremente i en conciencia.

Vídeo: Traballador xubilado opinando sobre os procesos electorais

 

CUT SINDICALISMO NECESARIO