Manifesto do Pobo do Morrazo en solidariedade de Amitenu Haidar

84

 MANIFESTO DO POBO DO MORRAZO EN SOLIDARIEDADE DE AMINETU HAIDAR E DO POBO SAHARAUI, NACIÓN IRMÁ

Oxalá este humilde Manifesto chegue a O Aaium, a Dakla, a Tifariti, a Smara, chegue o inferno do desterro da hamada de Tidouf. Desde o Morrazo quixéramos, ademais de transmitir a solidariedade ó pobo saharauí e a súa insigne filla Aminetu Haidar, tamén compartir a alegría dunha victoria indiscutible da dignidade fronte a intolerancia e a tiranía, ca volta ó Aaium desta heroica muller saharauí.Os homes e mulleres da comarca do Morrazo que hoxe nos concentramos nesta praza de Cangas, facémolo co sentimento e ca conciencia cívica, de que a defensa dos dereitos humanos é unha necesidade que nos obriga a todos e a todas.Esta obriga é maior se a negación dos dereitos humanos practicase na persoa dunha cidadá saharauí; Aminetu Haidar, muller que xa é un facho de dignidade e de valentía onde as haxa, e que transcende a loita lexítima do pobo saharauí, pobo que consideramos irmá.Aminetu Haidar que mantivo 32 días de folga de fame, defendendo os seus dereitos como persoa, algo tan sinxelo como o recoñecemento como cidadá dun pobo ó cal o imperialismo estalle a negar o dereito á autodeterminación nacional, a pesar do proceso descolonizador declarado polas Nacións Unidas. Negación que chega ó aldraxe de non permitir o regreso a súa Patria.Aminetu Haidar coa súa valente e decidida actitude, non so estibo a demandar que se lle respecte os seus dereitos como persoa pola monarquía marroquí, monarquía sanguinaria onde as haxa, que decidiu desde fai trinta e cinco anos, aniquilar mediante a invasión ó pobo do Sáhara Occidental.Aminetu Haidar, estivo a denunciar ademais a bochornosa actitude colaboracionista do Goberno español que segue a tolerar a cuestión nacional saharauí como moeda de cambio, dos grandes intereses capitalistas, como fixo no seu día ca flota do Banco Canario-Sahariano, cando o que debería de facer é: corrixir a súa responsabilidade histórica por traizoar ós homes e mulleres saharauís, vendéndonos como escravos, no ano 1975 o sátrapa Hassan II, pai do actual dictador marroquí.Os veciños e veciñas do Morrazo temos unha obriga a maiores co Aminetu Haidar e coa causa saharauí. Durante os últimos corenta anos do século pasado, mais de tres mil veciños de Cangas, de Bueu, de Moaña ou Marín traballamos no rico caladoiro de pesca dos mares do Sáhara Occidental. Primeiro, aínda sendo colonia española, despois máis tarde ata o ano 1999, por mor dos ilexítimos Acordos de Pesca de España ou a UE con Marrocos.As praias de Dakla, A Guera, Cabo Blanco, Peña Grande, Bojador, ou Cabo Jubi, son referentes de salitre e cefalópodo do universo da memoria colectiva mariñeira do Morrazo, dos cales vivimos e vertebramos a economía da nosa comarca durante moitos anos. Sería profundamente insolidario non citar esta débeda histórica. Os que nos tocou vivir esa realidade contradictoria e inxusta, incluso ilexítima da pesca, da cal o pobo saharauí foi despoxado, temos, como dicíamos unha obriga solidaria a maiores con este pobo que nos deu todo.A solidariedade e o amor ó pobo saharauí, a actitude heroica de Aminetu Haidar foi a razón que hoxe nos mobilizou ós que estamos aquí. Pero tamén hai que lembralo; durante este calvario de 32 días para a insigne compañeira en folga de fame, en centos e seguramente miles de lugares non so do estado español, senón en todo mundo, mobilizouse unha riada humana de millóns de persoas, que como nos, seguimos crendo nos Dereitos Humanos, tanto no sentido do individuo como no colectivo, e dicir: o dereito dos pobos á autodeterminación.Esta batalla gañada co volta a casa de Aminetu Haidar, débese converter na victoria definitiva do pobo saharauí, e nos estaremos acompañándonos nese camiño aínda por facer.Veciños e Veciñas do Morrazo:TODOS E TODAS CON AMINETU HAIDAR!!VIVA O POBO SAHARAUI QUE RESISTE!!VIVA O FRENTE POLISARIO !! 

Cangas, 18 de decembro de 2009