Na véspera da xornada que simboliza a unidade da loita o popular e a nacional, a Central Unitaria de Traballadores réndelle tributo a Amador Rey e Daniel Niebla, asasinados polo fascismo na defensa do noso dereito a unha vida digna.Asasinados en 1972, no medio da rebelión organizada contra o Franquismo, foi o ano no que tamén ardeu Vigo como volvería acontecer en incontables batallas polo poder obreiro. As causas que perseguía a clase traballadora coetánea de Amador e Daniel, lembremos a xornada de 8 horas, e que levaron ó seu fusilamento, non son tan distintas das que nos convocan nesta data ou das que nos levar ata Madrid dentro de dúas semanas coas Marchas da Dignidade. Se cadra, mesmo son peores as circunstancias actuais con xornadas interminables de traballo, un Salario Mínimo Interprofesional irrisorio e o “despido libre” por catro patacosapersoal traballador cunha antigüidade de trinta anos. Esa é a triste realidade.A convocatoria do 10 de marzo conmemorando a heroicidade de Amador e Daniel ten un valor engadido se entendemos, por un lado, que estamos en débeda coa loita anti-franquista e que mantemos, queirámolo ou non, un cordón umbilical que nos liga xa á loita pola defensa do goberno republicano e dos dereitos de todo o proletariado. Non falamos de contextos tan distintos cando as distintas faccións se uniron contra o Ditador e cando agora nós vimos preconizando a unidade popular e obreira contra os ditados do capitalismo e da oligarquía, veñan de Madrid, de Raxoi ou de Bruxelas. E non estaremos a falar de contextos tan dispares cando unha vez máis o sentido común dos sectores populares e da clase traballadora máis consciente procura reagrupar e reunificar as loitas pra facer tremer o sistema. Esa é hoxe a tarefa e o exemplo que están a dar as Marchas, ademais porque outros non o van facer.E a este réxime haberá que botalo tamén.Deste xeito, comprometémonos todos a seguir apoiando e mantendo no tempo estas loitas. Estas e outras que virán e serán se cadra máis arduas. A seguir conducindo e camiñando coa clase traballadora deica a vitoria.Vivan Amador e Daniel! Viva a Clase Obreira Galega!!Vivan as Marchas da Dignidade!Nesta ligazón podes descargar o cartel do 10 de Marzo da CUT.