Manifestación polo ensino público este sábado en Compostela

80

Dende a CUT, como sindicato comprometido coa loita pola defensa do ensino público e a dignidade laboral de todo profesorado, anunciamos o noso apoio e participación na MANIFESTACIÓN NACIONAL EN CONTRA DOS RECORTES do 26 de outubro convocada pola Plataforma Galega en Defensa do Ensino Público.

“Chamamos á participación a toda a comunidade educativa e a continuar cun calendario conxunto de mobilizacións que nos leven camiño da folga xeral contra o inmobilismo da administración galega de Rueda.”

Consideramos que a situación é de tal gravidade, que esixe ir máis aló nesta loita e buscar unha unidade efectiva de todos os actores, que nos leve a apostar xa por accións claramente contundentes e abondo como para plantarlle cara á Xunta e ao seu plan de desmantelamento do público artellado dende hai xa tantos anos. Chamamos á participación a toda a comunidade educativa e a continuar cun calendario conxunto de mobilizacións que nos leven camiño da folga xeral contra o inmobilismo da administración galega de Rueda.

BASTA XA DE ABUSOS NO ENSINO!