A Central Unitaria de Traballadoras participará na manifestación nacional e foliada pola lingua convocada pola plataforma Queremos Galego para este sábado 17 de maio, Día das Letras Galegas, con saída ás 12 h da Alameda de Compostela.
Dende a CUT chamamos a defender nas rúas unha vez máis a nosa lingua como símbolo de identidade e de pobo contra os ataques e o desleixo coa mesma do goberno do PP, que van encamiñados a unha desaparición fulminante do galego.
Demandamos da administración respecto pola lingua e políticas reais de promoción e difusión da mesma en todos os eidos e instamos a toda a sociedade a mobilizarse unha vez máis para dicir que nas rúas, nas escolas e no traballo Queremos galego!