Manifestación este sábado en Compostela na defensa dos medios públicos

66

Este sábado, 30 de novembro, as traballadoras da radio e televisión públicas de Galicia -en folga dende o pasado 7 de outubro- chaman á cidadanía a saír ás rúas na defensa dos medios públicos, por unha CRTVG pública e plural.

O persoal público volve lanzar deste xeito un SOS para rescatar a TVG e Radio Galega do secuestro ao que están sometida a información por parte do goberno do PP e do reparto dos programas externalizados entre produtoras amigas.

“O Comité Intercentros da CRTVG, convocante da folga, pula pola defensa da produción propia fronte á minguada calidade e cantidade da programación da televisión e radio galegas, e insta a promover a recuperación dunha programación que cumpra coa misión de servizo público”

O Comité Intercentros da CRTVG, convocante da folga, pula pola defensa da produción propia fronte á minguada calidade e cantidade da programación da televisión e radio galegas, e insta a promover a recuperación dunha programación que cumpra coa misión de servizo público, promoción da lingua e creador da identidade como pobo.

A CUT chama a toda a cidadania a sumarse a este berro de rescate e loitar activamente no día a día para defender o noso dereito a unha CRTVG pública e plural.