Máis de 150 entidades de todos os ámbitos da sociedade galega, entre os que figura a Central Unitaria de Traballadoras, apoiamos a manifestación nacional que terá lugar este domingo, 6 de outubro, baixo o lema #GalizaConPalestina e que partirá ás 12 h da alameda de Compostela.
As galegas demostramos así o compromiso histórico do noso pobo co pobo palestino e exiximos a fin dos crimes sionistas, do xenocidio e da ocupación exercidas historicamente por Israel e que no último ano recrearon ata límites inhumanos.
Entre as reivindicacións desta mobilización figura o demandas das organizacións destaca o rexeitamento á acción militar israelí en territorio palestino, o cesamiento das agresións e retirada das tropas, así coma o respecto ao dereito de soberanía do pobo palestino.
O manifesto recolle tamén a demanda de máis apoio humanitario e insta á Unión Europea, ao Estado español e ao Goberno da Xunta a organizar o acollemento de persoas refuxiadas e a rachar relacións e acordos académicos e comerciais con Israel.
Deféndese asimesmo o recoñecemento do Estado palestino co seu territorio “íntegro” e a convocatoria dun boicot económico a Israel.
A CUT reafirma unha vez máis o seu apoio á causa palestina fronte ao sionismo, ao nazismo israelita e ao imperialismo.