MANIFESTACIÓN EN VIGO O DÍA 3 DE OUTUBRO ÁS 20 HORAS

79

O luns 3 de outubro a CUT estará de novo nas rúas, desta vez respondendo ao ataque despótico do neoliberalismo. A convocatoria parte da Federación Sindical Mundial (FSM), e o noso sindicato, como membro de pleno dereito desta organización, secunda esta convocatoria. Só así, co internacionalismo proletario baseado na loita de clases seremos quen de artellar unha resposta aos ataques que estamos a sufrir todos os traballadores e as traballadoras do mundo. A manifestación partirá ás 20 horas dende a Praza de Fdo. O Católico, para rematar na Porta do Sol. Demostremos que a rúa é nosa, que o futuro é noso.