A CUT súmase á manifestación en defensa da sanidade pública convocada para mañá martes, 10 de decembro, con saída no Hospital Xeral de Vigo.
A privatización da Sanidade Pública é outra das medidas que os lacaios do Capital no goberno español, agora cos populares e tamén antes cos socialistas, queren imporlle á maioría social deste país. Este tipo de recortes amosa na súa total crueza o carácter cruel e inhumano do Capital, que procura facer negocio coa nosa saúde, e deixar á intemperie a todos/as aqueles que non teñen forma de pagar un seguro privado.O noso futuro xógase aqíe e agora, na da defensa do noso dereito a unha sanidade pública, gratuíta e de calidade para todos/os xogámonos a vida.Non á privatización da Sanidade!Por unha Sanidade pública, gratuíta e de calidade!