Manifestación contra o pensionazo

73

Baixo o lema Salvemos as pensións!, os sindicatos CUT, CXT, SF-Intersindical, STEG e Sindicato Elevación convocaron unha manifestación para as 20 horas do xoves, 21 de novembro que terá o seu punto na Praza de Fernando o Católico.

Continuando o noso calendario de mobilización, a CUT xunto co resto de sindicatos convocantes, amosará nas rúas de Vigo o seu rexeitamento ao programa neoliberal do PP quen, empregando a mentira da insostibilidade das pensións, pretende conducir todo o sistema cara á súa privatización pondo en mans privadas os aforros da clase traballadora galega.Como temos demostrado na práctica milleiros de veces, a mobilización popular sostida e masiva na rúa é o único medio co que conta a clase traballadora para pór freo ás politicas clasistas do goberno encamiñadas a asegurar a taxa de ganancia dos seus verdadeiros patróns na Banca e nas grandes corporacións. Contra a pasividade e o derrotismo inoculado polos medios do sistema, manifésate con nós na rúa polo noso dereito a unha pensión digna.Viva a loita obreira!