Mañá ás 11 h na porta dos Xulgados de Vigo en defensa do dereito á folga

91

O 23 de Febreiro ás 11 horas no aparcadoiro dos Xulgados de Vigo (Rúa Lalín Nº- 4) transcorrerá unha concentración frente ao intento da Dirección de Citroën de que a xustiza declare ilegal a convocatoria de folga celebrada os días 19 e 20 de novembro do 2015.A empresa está a utilizar os xulgados do social como adalide do seu combate sen cuartel contra os dereitos do cadro de persoal e, sobor de todo, pretende o referendo xudicial para a súa batalla contra o dereito á folga, nidiamente molesta pola reincoporación desta ferramenta de loita na dialéctica sindical dende a chegada da CUT a ese centro de traballo.Correspóndenos rachar as moitas barreiras e complicidades institucionais de Citroën. Denunciar a connivencia das centrais sindicais SIT-FSI, UGT e CC.OO que gardan silencio mentres se está a producir unha das maiores agresións patronais contra o dereito á folga e dar unha mostra de enteireza e dignidade dunha clase traballadora que non está disposta a que se xogue nin se negocie cos seus dereitos.