MAIS REFORMAS PARA A PATRONAL, MÁIS PRECARIEDADE

58

Outra das “efectivas” medidas anticrise será a orxía de contratos temporais, que na linguaxe kafkiana da patronal e goberno servirán para crear emprego. Esta medida levarase a cabo suspendendo durante dous anos o artigo 15.5 do Estatuto dos Traballadores (ou dos parados?) que limitaba o tempo para encadear contratos temporais. Agora poden encadearse contratos na mesma empresa sen chegar a ser nunca fixos. Por se non chega reducen as cotas das empresas á Seguridade Social. A medida ten carácter retroactivo pois afecta aos que xa leven dous anos nesta situación. Os representantes sindicais tiñan que vixiar esto na negociación colectiva, como ditaba o Estatuto, pero agora é fume de carozo. As últimas noticias é que Toxo e Méndez están moi enfadados e vanse negar a recibir máis subvencións. No paquetón inclúen tamén que sexa FOGASA quen pague 8 días dos despedimentos procedentes, é dicir que paguemos nós o noso propio despedimento que será sempre procedente atendendo á mala situación que están a pasar empresarios e bancos. Hai que solidarizarse. Nada, que seguiremos afogando ao FOGASA, agradecidos e agradecidas de cobrar unha subvención de 400 euros.