No serán do 26 de febreiro, máis de dúas mil persoas persoas manifestáronse polas rúas e prazas das principais cidades galegas reclamando o seu dereito a un futuro digno e manifestando o seu rexeitamento ás políticas regresivas do estado español e da Unión Europea.As organizacións convocantes da Manifestación de onte consideran atinxidos os obxectivos marcados para esta xornada: dar a coñecer na rúa a convocatoria das Marchas da Dignidade planificda para o 22 de marzo, así como os seus obxectivos, descritos xa no seu Manifesto, desde a conciencia de que o único xeito de frear as políticas antiobreiras e regresivas no social do goberno español e da Troika será mediante a mobilización masiva da clase obreira na rúa.Nesta ligazón pódese acceder a unha galería de imaxes da Manifestación de onte en Vigo.Nestoutra ligazón pódese acceder ás imaxes da Manifesación en Compostela.Aquí pódese acceder ás imaxes da Manifestación de Pontevedra.