Máis de 2 mil persoas na manifestación contra os recortes salariais en Citroën

100

A manifestación, que tivo lugar o pasado sábado 22 nas Travesas (Vigo), puxo de manifesto a necesidade da unidade sindical á hora e enfrontar as agresións da Patronal.Malia se tratar dunha convocatoria impulsada pola CUT e a CIG, na manifestación non houbo símbolos identificativos de ningún sindicato, e contou cunha gran presenza de traballadores e traballadoras da fábrica que expresaron, de xeito conxunto, a súa oposición ás rebaixas salariais pactadas unicamente co sindicato amarelo SITC, e á política de chantaxe, ameazas e coaccións continuas da dirección da empresa.Nesta ligazón podes escoitar as declaracións á radio feitas por Vítor Mariño, delegado da CUT en Citroën, logo
da manifestación.