Limpiezas JCórdoba non paga ás traballadoras de limpeza de Correos

496

A empresa Limpiezas JCórdoba (SCT Ibérica), adxudicataria dos servizos de limpeza das instalacións de Correos en 15 provincias, anunciou ás súas traballadoras que non cobrarán o mes de maio. Todas as traballadoras galegas deste servizo están afectadas pola decisión da compañía.

Os incumprimentos laborais e a precarización do servizo multiplicáronse desde a chegada desta empresa no mes de febreiro. As traballadoras denuncian atrasos nos pagos das nóminas, así como que JCórdoba non está a fornecer de vestiario nin calzado axeitado e que tampouco realizou os recoñecementos médicos.

Despois de atrasos e recortes, agora Limpiezas JCórdoba decide non pagar ás suas traballadoras, que temen que se as negociacións entre a empresa e Correos non prosperan isto poida ter como consecuencia un ERE sobre a plantilla.

A CUT, ademais de reclamar o pago das nóminas correspondentes, sinalamos que este é un exemplo máis de como a externalización e a privatización dos servizos se fai sempre a costa dos dereitos da clase traballadora. Así, a solución deste conflito terá que pasar polo rescate do servizo de limpeza de Correos, para que as condicións laborais das traballadoras sexan respeitadas.

Este non é o primeiro caso de impagamentos de Limpezas JCórdoba. En Alacante a finais do ano pasado as súas traballadoras mobilizáranse por retrasos e impagos.