Limpeza do Clínico de Compostela: a loita continúa

118

As traballadoras da limpeza do Hospital Clínico de Compostela (servizo subcontratado á empresa Ilunión) volveron mobilizarse hoxe reclamando unhas condicións laborais dignas e o cumprimento dos acordos e do convenio en materia de carreira profesional e convocatoria de prazas, entroutros.

“O persoal levou hoxe as súas protestas ata a Consellería de Sanidade, onde rexistraron un escrito no que recollen as súas demandas.”

O persoal levou hoxe as súas protestas ata a Consellería de Sanidade, onde rexistraron un escrito no que recollen as súas demandas. Un paso máis logo de que tanto a empresa concesionaria, Ilunión, como a xerencia do SERGAS leven meses facendo oídos xordos ás súas reclamacións malia a mobilización masiva das traballadoras.

Demandan cuestións tan básicas como uns vestiarios dignos, libres de insectos, a convocatoria de máis prazas para eliminar a sobrecarga de traballo que padecen e a carreira profesional.

O persoal seguirá coa loita no período estival cunha mobilización ante a empresa concesionaria Ilunión en agosto na Coruña. Irán onde teñan que ir ata que alguén se faga responsable de enmendar a súa situación.

Por unhas condicións laborais dignas! Ilunión culpable. SERGAS responsable!