A CUT súmase ás convocatorias de folga dos días 11 e 12 de maio no sector da limpeza da provincia da Coruña. A sistemática negativa a negociar un convenio decente provincial por parte da patronal en temas tan transcendentes como a subrogación, as licenzas retribuídas e non retribuídas, a uniformidade, os anticipos, a retribución das horas extras, da nocturnidade e das dietas ou a regulamentación dos contratos eventuais por circunstancias do mercado, o acceso á xubilación parcial, ou mesmo a existencia de seccións sindicais cando as empresas teñan máis de 50 traballadoras/es son cuestións dunha importancia capital que requieren aglutinar forza.
Aínda que non estamos na mesa de negociación que compoñen CIG, CCOO e UGT, únimonos porque están en xogo os dereitos de moitísimas traballadoras/es que se adican a limpar con tanta profesionalidade, mesmo en tempo de pandemia. Parece que son imprescindibles en tempos de pandemia para limpar o lixo, pero non para ter unha vida digna.
É tempo de vencer e non só de resistir. O futuro depende de nós, as vidas dependen de nós. Temos que limpar a quen só quere explotar e coller a senda das conquistas con determinación, porque o merecemos. É tempo de deixar atrás a obtusa confrontación entre siglas sindicais e impulsar a desobediencia colectiva contra a barbarie empresarial.
Os Comités de Empresa de Limpeza da Xunta de Galicia, onde a CUT ten a presidencia, e a USC, onde tamén temos representación, decidiu unirse e secundar a folga o día 12. Ainda que nestes centros hai acordos específicos e equiparacións, pertencen de maneira subsidaria ao Convenio Provincial. É un momento delicado para a clase traballadora e toca máis solidariedade, firmeza e constancia que nunca.
Xunt@s por unha vida digna! Cos nosos dereitos non se xoga!