As preto de 40 organizacións agrupadas no movemento “Por unha CRTVG ao servizo do pobo”, entre as que figura a CUT, anunciaron hoxe en rolda de prensa a posta en marcha dunha Iniciativa Lexislativa Popular (ILP) que ten por obxectivo modificar a actual Lei de medios públicos de comunicación audiovisual de Galicia, pola que se rexe a CRTVG, para liberala do secuestro do Partido Popular e poñela ao servizo do pobo.
A xornalista Tareixa Navaza, voceira da pluralidade de organizacións que promoven esta iniciativa, expuxo as razóns da mesma, e anunciou que a iniciativa será rexistrada ante a Mesa do Parlamento a principios de setembro para logo proceder á recollida das sinaturas de apoio entre a cidadanía galega nos seguintes 4 meses.
“Con esta ILP instamos aos poderes pu?blicos de Galiza ao cumprimento da normativa do sector audiovisual xestionado pola Xunta, nomeadamente a designacio?n do Director Xeral por maiori?a cualificada do Parlamento galego; o establecemento dos obxectivos xerais que debe cumprir a CRTVG, a trave?s do correspondente mandato marco; a aprobacio?n do Estatuto Profesional e o Consello de Informativos, ou a creacio?n dunha autoridade audiovisual independente “
As organizacións sociais, culturais, sindicais, políticas e profesionais abaixo asinantes consideramos que a sociedade galega debe saír ao RESCATE do noso servizo público de comunicación audiovisual, e expresamos a nosa firme vontade de defender a existencia dunha radiotelevisión pública:
– Que garanta o respecto escrupuloso á obxectividade, á imparcialidade, á neutralidade, á veracidade e ao pluralismo informativo, erradicando a manipulación e a cancelación de contidos e profesionais.
– Que recupere a perspectiva da realidade social, laboral, económica e cultural do país e de todo o seu tecido social, nos contidos informativos, divulgativos, educativos e de entretemento. A tal fin, garantirase o dereito de acceso, segundo criterios obxectivos de representación e implantación social, sen que poida excluirse ningún grupo social e co máximo respecto ao pluralismo e á participación democrática de toda a sociedade galega.
– Que recupere a cobertura territorial de todo o país e as desconexións locais, espazos fundamentais para o dereito da cidadanía a acceder ao que acontece na súa contorna máis próxima.
– Que promova e defenda a identidade de Galiza, da súa lingua e da súa cultura, co estiímulo á produción editorial, teatral, musical, audiovisual e demais expresións artísticas e escénicas do país.
– Que xogue un papel estratéxico na converxencia dixital e que garanta a presenza do galego nas plataformas dixitais.
– Que fomente a través dos contidos a igualdade e a non discriminación, a diversidade sexual, integrando a perspectiva de xénero e fomentando accións positivas, así como o uso da linguaxe non sexista.
– Que preste especial atención á programación dirixida á infancia e á mocidade, por canto que representan o futuro da sociedade, recuperando unha das principais funcións para a que foi creada a Galega, o fortalecemento da cultura e da lingua propias de Galiza, así como o seu papel educativo, socializador e galeguizador.
– Que dispoñaa da estrutura, dimensión e recursos materiais, orzamentarios e humanos necesarios para desenvolver con autonomía as misións de servizo público que ten encomendadas.
– Que cumpra a súa función estratéxica como motor do desenvolvemento da produción audiovisual independente, con transparencia e evitando a concentración das compras nun número reducido de provedores.
Por último, con esta ILP instamos aos poderes públicos de Galiza ao cumprimento da normativa do sector audiovisual xestionado pola Xunta, nomeadamente a designación do Director Xeral por maioría cualificada do Parlamento galego; ao establecemento dos obxectivos xerais que debe cumprir a CRTVG, a través do correspondente mandato marco; á aprobación do Estatuto Profesional e do Consello de Informativos, ou á creación dunha autoridade audiovisual independente que vele polo cumprimento das misións de servizo público encomendadas á CRTVG, conforme aos principios expresados nesta iniciativa lexislativa popular.
Organizacións:
A Mesa pola Normalización Lingüística, Anova-Irmandade Nacionalista, Asociación de Actores e Actrices de Galicia, Asociación de Escritores en Lingua Galega, Asociación de Gaiteiras Galegas, Asociación de Profesionais da Rama Artística e da Dobraxe de Galicia APRADOGA, Asociación Lucenza Nigrán, Asociación pola Defensa da Ría, Asociación pola Defensa Ecolóxica de Galiza (ADEGA), Avante LGTB+, BNG, CCOO, CGT, CIG, CUT, Defende a Galega, Erguer, Esculca, Federación Rural Galega (FRUGA), Fundación Luís Tilve, Fundación Moncho Reboiras, InvestiGal-Rede Galega pola Investigación, Mulheres Nacionalistas Galegas, Músicas ao vivo, Plataforma Feminista Galega, Plataforma Queremos Galego, Plataforma SOS Sanidade Pública, Plataforma Vecin?al Mina Touro-O PINO NON, PSdeG-PSOE, REDE (Federación Galega de Asociacións de Familiares e Usuarias de Residencias e da Dependencia), Sindicato Ferroviario, Sindicato Labrego Galego, SOS Ficción en Galego, UGT- Galicia, Vía Galega.