LIBERDADE INMEDIATA PARA LAURA GÓMEZ.

69

A Central Unitaria de Traballadores e Traballadoras entende que o auto de prisión provisional ditado o pasado 25 de abril contra da sindicalista catalana da CGT, Laura Gómez, constitúe unha vulneración discrecional dos dereitos e liberdades civís e políticas e esixe a súa inmediata posta en liberdade.Consideramos que todo o aparello represivo do Estado, virado ao servizo do Capital, non tolera a impactante imaxe da resposta cualitativa que o sindicalismo combativo deu en diversas xeografías do estado, coa acumulación de toda a forza crítica con este sistema baseada na explotación da masa traballadora, ao redor da celebración da Folga Xeral do 29 de marzo.Toda unha serie de medidas de reacción penal están a ser deseñadas para acalar a capacidade de movilización e resposta do pobo traballador, entre as que figura o endurecemento irracional das peticións fiscais nos procesos penais, como é o caso da compañeira catalana, dentro dun programa de “secuestros preventivos” dirixidos a deixar fóra de xogo á militancia sindical.Desde Galiza a CUT fai súa a voz e o esforzo solidario dos seus compañeiros e compañeiras da CGT-Catalunya, e fai un chamado a mobilizar a solidariedade activa pola inmediata excarcelación de Laura Gómez e pola sensibilización contra a viraxe neofascista das políticas públicas de represión penal.Chamamos tamén a que o apoio de cada un/unha de nós lles chegue aos compañeiros e compañeiras da CGT Catalunya mediante a sinatura do manifesto que veñen de publicar: http://laurallibertat.wordpress.com/, que esta central xa adheriu.