A CUT presentou denuncia en Inspección de Traballo contra a empresa adicada á confección textil JEVASO SL (situada no Polígono industrial de Sabón, en Arteixo) por poñer en risco a saúde das súas traballadoras. JEVASO está na actualidade producindo máscaras e material sanitario, mentres que as súas operarias non contan coas medidas de protección precisas e obrigatorias para desenvolver esta actividade laboral.
Máis de 70 persoas traballan xuntas na confección e o empaquetado destes materiais nas naves en funcionamento sen gardar as distancias de seguridade
Máis de 70 persoas traballan xuntas na confección e o empaquetado destes materiais nas naves en funcionamento sen gardar as distancias de seguridade (ás veces en grupos de ata seis persoas que traballan pegadas), sen contar con luvas nin máscaras e sen que se apliquen as correspondentes medidas de limpeza e desinfección dos materiais e dos espazos de traballo. Para evitar o contacto entre as distintas quendas, a medida que se lle ocorreu aplicar á empresa foi establecer horas extra en sábado, domingo e festivos e reducir o descanso de persoal a un único día.
Non podemos permitir que poñan en perigo as nosas vidas para o lucro duns poucos
A empresa beneficiase producindo material sanitario para repartir entre a poboación mentres mantén ó seu persoal traballando en condicións de grave risco para a súa saúde. Non podemos permitir que poñan en perigo as nosas vidas para o lucro duns poucos. Esiximos que se cumpran as medidas sanitarias en JEVASO SL de xeito inmediato.