A afiliación da Central Unitaria de Traballadoras reuniuse este sábado no Hotel Coia de Vigo arredor da IX Conferencia Nacional do sindicato. Unha xuntanza na que, baixo o título historia e futuro, fixemos un repaso pola historia, o contexto actual e as posibilidades de futuro do noso sindicato.
As persoas que conformamos a CUT concordamos en que este proxecto sindical segue sendo necesario, ao igual que segue sendo preciso manter a nosa característica de sindicato de clase, combativo na rúa, elemento diferenciador doutras organizacións sindicais.
Nesa aposta polo futuro as integrantes da Central Unitaria de Traballadoras cremos na necesidade de seguir medrando, mais non só cuantitativamente senón dun xeito equilibrado no cuantitativo. Medrar en afiliación e cadros con conciencia de clase e combativos.
O encontro deste sábado serviu tamén para celebrar os 25 anos do nacemento da CUT cun xantar de confraternización no que se lle rendeu homenaxe ao compañeiro Churum, falecido recentemente e exemplo de loita e compromiso.
Con exemplos coma el e moitas outras figuras históricas, dende a CUT apostamos por seguirmos construíndo xuntas para transformar o mundo e acabar co capitalismo.