IV Xornadas da Coordinadora de Sindicatos Combativos da Automoción

137

O 26 e 27 de Setembro, sindicatos do sector da automoción reunímonos para tratar e afrontar os retos do sector.

Nas xornadas estivemos representadas as plantas de Citroen, Ford, Opel, Vokswagen e Mercedes de Galiza, Valencia, Zaragoza e Euskal Herria respectivamente

Nesta ocasión celebráronse en Gasteiz (Euskal Herria). Nas mesmas tratáronse as situacións e problemáticas especificas de cada unha das plantas representadas e tratouse tamén o reto da transición ecolóxica no sector, coa presentación dun informe por parte de Martin Lallana.

Tamén analizamos as principais problemáticas comúns do sector, salientando a falta de compromiso co mantemento do emprego, as constantes ameazas de deslocalizacións na industria auxiliar e o uso indiscriminado dos ERTES como unha medida máis de flexibilidade produtiva. En contraposición das grandes cantidades de cartos públicos, que reciben estas empresas das diferentes administracións

As conclusións foron moi claras, e fronte á estratexia común das patronais de precarizar e destruír postos de traballo, os sindicatos que non facemos o xogo á patronal temos moi claro que non imos tolerar que esa estratexia triunfe e que exporemos tódalas medidas necesarias, cas ferramentas que estean nas nosas mans, para reverter esta situación e por un futuro da automoción sostible que achegue postos de traballo dignos.

A xornadas finalizaron emprazándonos os diferentes sindicatos (CUT, ESK, LAB, STM, STOPEL) a uns novos encontros no mes de maio.