A Central Unitaria de Traballadores/as, en Secretariado Nacional do pasado 11 de maio de 2009, en base ao artigo 27 dos estatutos desta central, acordou a convocatoria do IV Congreso Nacional baixo o lema: FORTALECENDO A CUT, NO CAMIÑO DA LOITA SINDICAL. O congreso celebrarase o sábado 28 de novembro na comarca de Compostela. O enderezo habilitado para toda comunicación oficial é secretariadonacional@cutgalicia.org. A este enderezo deberán enviar as comarcas, tendo de prazo ata o día 7 de setembro, os respectivos correos onde recibirá as comunicacións oficiais. Será este un congreso onde o relatorio oficial será de carácter político sindical, unido ao informe de xestión. A publicación deste relatorio oficial será o día 1 de outubro de 2009, poidendo ser emendado ata o 19 de novembro de 2009 co aval dun 5% da asemblea comarcal. O calendario de asembleas comarcais terá que ser comunicado ata o día 7 de setembro de 2009. Todos os textos referentes ao IV Cogreso, así coma as emendas presentadas, serán publicados na nosa páxina web.Traballemos dende agora na ferramenta que marcará o destino da CUT nos vindeiras catro anos. A implicación de toda a afiliación é premisa ineludíbel para que a CUT saia fortalecida.