Inxerencias na arbitraxe das eleccións de Citroen ?

35

A tea de araña tecida por esta empresa e os seus cómplices non teñen límite. Esta fin de semana fomos coñecedores dun novo e gravísimo (o noso entender) intento de inxerencia. Queda clariño con quen queren unidade algúns sindicatos de clase deste centro.

Trataremos de explicar claramente o acontecido.

O pasado mércores 14, o director de RR.HH. (Pedro M. Rodríguez), envía a Oficina Pública de Rexistro da Xunta, escrito para a recusación do árbitro que fallou nos laudos 11/12-2022. Parece que cando perden non lles gusta o árbitro. A demais neste escrito fai tamén incluso de avogado defensor de SIT, UGT e CCOO.

O luns 19, o secretario xeral da federación de industria de UGT (Rubén Pérez), remite escrito ao mesmo organismo e practicamente no mesmo sentido. Piden que sexan tres os árbitros e non só un nos próximos laudos.

O xoves 22, o secretario xeral comarcal de CCOO industria (Celso Carnero), remite outro escrito ao mesmo organismo pedindo que en futuros laudos se teñan en conta as súas consideracións. Neste escrito se indica que as mesas electorais están asesoradas polos sindicatos. Omitindo, non sabemos si deliberadamente, que na Citroen é unha avogada da empresa quen “asesora” a mesa electoral.