Intervención da CUT en PSA-Vigo na 3º reunión da Mesa de Negociación “Industrialización 2018”

141

INTERVENCIÓN DA CUT no día de hoxe, para recoller na acta literalmante, “NEGOCIACIÓN INDUSTRIALIZACIÓN 2018” 3ª xuntanza”.

CALENDARIO:

Unha vez analizado o borrador de calendario 2018:

o   Que os días de adecuación se fixen en calendario, e deben ser colocados “preferentemente” entre os festivos que habiliten posibles pontes. Se no ERE 2016-2018 foi posible facer unha previsión que permitiu establecer os posibles días de ERTE, coidamos que no calendario dita posibilidade debe ser recollida e ser posible.

o   Que tendo en conta que o ano 2018 imos dispor de 9 días de adecuación de xornada; Solicitamos:

o   Os días de parada previstos de xaneiro (2 e 3) sexan de adecuación de xornada, para así dispor de dous días de convenio de desfrute individual.

o   O 17 de maio, festivo recuperable, opoñémonos a un maior fraccionamento das vacacións dos dous períodos actuais  das vacacións. Oposición baseada na interpretación do dereito recollido no artigo 40.2 da Constitución por numerosa xurisprudencia tanto estatal coma europea.

En caso de non aceptarse a nosa solicitude sobre o día 17 de Maio, dita xornada sexa bonificada/penalizada con 50€ por traballador/a. E quede claramente reflexado que estamos ante unha medida de carácter excepcional e limitada no tempo a este ano 2018.

o   De cara a vindeiros anos, no suposto da posta en practica do acordo que establece a creación da 4ª quenda, sobre o período vacacional onde as quendas A e B e Noite poden desfrutar 3 semanas consecutivas en período estival, e tan so 2 dita quenda, establézase unha compensación económica para a mesma de 350€, que será abonada no mes de Agosto.

INDUSTRIALIZACIÓN:

No relativo a creación desa “cuarta quenda”, dicir:

o   Solicitamos que as modificacións horarias se axusten a legalidade vixente, e polo tanto, non se apliquen os acordos e pre-avisos existentes no centro sobre esta materia, e que foron asinados nunhas circunstancias produtivas distintas as que nos enfrontamos agora.

o   A creación dun calendario específico para a quenda de noite, quedando claramente reflexado no acordo a imposibilidade do traballo de sete días a semana da quenda de noite, unha vez establecida a cuarta quenda.

o   Ante o previsible aumento de plantilla, solicitamos que se negocie neste foro coa representación social de cara a fixar tanto a contratación indefinida coma o número de novacións e desaparición de cláusulas de variabilidade. Empezando pola modificación dos criterios de aplicación, prevalecendo a antigüidade sobre a arbitrariedade.

Compromiso de contratación de efectivos suficientes non so para cubrir a 4ª quenda, senón tamén para reconducir a situación das cargas de traballo nos talleres, e dar satisfacción os permisos necesarios dos que a plantilla quere facer uso recollidos en Convenio Colectivo, así como os descansos das pausas de Montaxe .

o  Incremento económico en táboas a plantilla ao mudar as expectativas do Grupo, así como a non aplicación da categoría de formación para traballadores/as de novo ingreso.

o   Información ao Comité trimestralmente de horas extras realizadas, e complementarias.

o   Con respecto aos contratos que se formalicen a 4ª quenda de traballo a tempo parcial, debe revisarse o pacto de horas complementarias, establecendo claramente a distribución das ordinarias e complementarias anual/mesualmente.

o   No suposto que a 4 quenda traballe mais de 8h o fin de semana, incrementar os descansos establecidos por enriba do 5% habitual no Centro.

o   Sobre a aplicación do complemento de nocturnidade a 4 quenda cando traballe pola semana, tamén se pague igual que a calquera traballador/a desa quenda o “complemento de quenda variable da noite”.

o   Reiterar que cando sexa necesaria comer no Centro, que se pague a comida pola empresa, e o tempo empregado conte como xornada efectiva de traballo.

o    Na industrialización do ano 2018, que se clarifique a situación do sistema 1, e aproveitando o novo ingreso de traballadores/as no Centro, búsquese unha mellor estabilidade dos contratos indefinidos de tempo parcial das diferentes quendas.

o   Con respecto a media de 8 sábados no día da dereito a un día de descanso, sexa en igual proporción, ca nova regra exposta pola empresa para a quenda de noite incluíndo agora os sábados nese contador.

o   Sobre a posibilidade de aplicar o ERE-ERTE 16-18 o comezo do ano antes dos días de adecuación, ou días con compromiso de recuperación durante o ano, a CUT oponse rotundamente, estando esa materia xa regulada.