Intervención da CUT na 8ª Conferencia Rexional de Atenas

74

O Secretario Xeral da CUT, Manolo Camaño, incidiu na súa intervención na necesidade dun sindicalismo combativo e de clase para conseguir facerlle fronte á situación de permanente crise na que vive a clase obreira; crise á que nos levan as leis do mercado e da explotación capitalista e os seus gobernos cómplices.CRISE CAPITALISTA E RESPOSTA SINDICAL DE CLASEPropostas da CUT de Galicia á 8ª Conferencia Rexional Europea da FSM-WFTU Queridos compañeiros/as das organizacións asistentes á 8ª Conferencia Rexional Europea da F.S.M.-WFTU.Queridos compañeiros/as do PAME: Un saúdo fraternal, obreiro e internacionalista da Central Unitaria de Traballadores/as de Galicia. 1.- Os diagnósticos da actual Crise Capitalista.A finais do ano 2008 os magnates da economía capitalista, e os xestores do seu sistema, non tiveron máis remedio que recoñecer a consolidación da crise do sistema capitalista. Xa non era posible maquillar por máis tempo a demoledora realidade, a mesma que os gurús que deseñan e dirixen a economía global foron incapaces de predicir, a mesma que só deron explicado co silencio.En contraposición á Academia dos economistas burgueses, desde distintos ámbitos do movemento obreiro, desde distintas latitudes e realidades económicas, desde a esquerda política ou sindical, hai un afán de estudio e profundar nas causas e consecuencias da actual crise en coherencia coas predicións feitas por dirixentes marxistas ou revolucionarios hai xa algúns anos.Nunca este afán de estudio e debate ten chegado tan lonxe. Como se ten dito, multitude de organizacións sindicais, políticas, movementos sociais… fan importantes aportacións a este debate, debuxando con gran precisión as causas e as consecuencias da Crise Xeral do Capitalismo.Nos distintos diagnósticos que se fan desde o eido anticapitalista, sendo esquemáticos á posta, destacaríamos dous: un primeiro que vaticinaba case o fin do capitalismo polo carácter irreversible da crise e un segundo menos optimista, que aseveraba e asevera que o capitalismo non morre, hai que matalo. Sen pretender ningún oportunismo, desde a CUT sempre nos inclinamos pola segunda hipóteses. 2.- A resposta necesaria do movemento obreiro.Transcorreron os meses, e se ven é certo que o Capitalismo non da topado a solución máxica á crise do seu sistema, non é menos certo que os mecanismos de reprodución e de dominación da burguesía a nivel global fan posible que paulatinamente vaian repoñéndose sen grandes custes; e como sempre a costas do sufrimento aínda maior da clase traballadora e dos pobos do Terceiro Mundo.Como é posible entón? As condicións obxectivas para dar unha resposta obreira e antiimperialista á crise están creadas, faltan as subxectivas para que isto sexa posible e que, en definitiva, a clase obreira e os sectores populares golpeados polo capitalismo fagámoslle pagar ó inimigo a crise que eles crearon. En definitiva converter a presente realidade nun salto adiante na historia dos traballadores e dos pobos.Que é o que falta entón? O movemento obreiro, as súas organizacións sindicais e de vangarda, as organizacións populares anticapitalistas, os movementos sociais… debemos xerar o proceso de acumulación de forzas necesario que fagan posibles loitas que enfronten ó capital e ós seus xestores. Loitas que deben comezar no ámbito local e nacional pero que, polo seu carácter de clase, rematarán confluíndo nunha loita coordinada nas distintas rexións do globo. Esa é a única globalización que defendemos e aí e onde identificamos o papel referencial da FSM. 3.- A alternativa do sindicalismo de clase.Queda claro pois, e seguro que estamos todos de acordo, que, ou ben o movemento obreiro, e nomeadamente o movemento sindical de clase, é quen de trasladar e aglutinar respostas á actual situación que posibiliten fortalecer a clase traballadora e os sectores populares obxectivamente interesados; ou do contraio, se isto non fora así ante a carencia de dita resposta sindical á Crise Xeral do Sistema Capitalista, o Capitalismo terminará resolvendo a devandita crise espremendo aínda máis a clase traballadora (despedimentos masivos, recorte salarial e de dereitos laborais, precarización dos contratos…). E no tocante ós pobos do Mundo, os resortes imperialistas de dominación serán aínda máis crueis, para saquear as riquezas do Terceiro Mundo, para explotar aínda máis á man de obra barata ou simplemente utilizando a guerra para aniquilar a aqueles que se lle opoñan.Agora ben, a claridade na análise da necesidade da resposta ou alternativa do sindicalismo de clase, non debe de ser allea a correlación ou correlacións dos distintos escenarios onde traballamos as distintas organizacións. É un feito irrefutable que as direccións burocráticas das maiorías sindicais, sometidas ás subvencións e neutralizadas polo capital, non van trabarlle ó seu amo.Temos como dicía o compañeiro Valentín Pacho, pasar da teoría a acción, é tarefa ineludible do sindicalismo de clase, incidir nas bases sindicais do sindicalismo acomodado, e partir de aí , modificar a correlación de forzas para enfrentarnos ó inimigo.En Galicia, cunhas condicións obxectivas máis que favorables no terreo obreiro, cos sectores populares e da agricultura aldraxados e ó pe da ruína; nun escenario ademais onde os mecanismos represivos están a degolar as liberdades democráticas, co Sector do Metal en Folga máis de vinte días na provincia de Pontevedra, a resposta dos sindicatos hoxe maioritarios, á demanda de Folga Xeral feita pola CUT, foi a de afortalar aínda máis os seus vínculos co Goberno de Zapatero, e iso, que o camiño xa estaba iniciado coa Folga Xeral Nacional de Euskadi. 4.- O futuro que nos espera e a vertebración do sindicalismo de clase.Os grandes conciliábulos dos mandatarios subordinados ó capital, asesorados polos mesmos economistas que aceptaron a especulación como medio de vida e non foron quen de mirar a creba do seu mundo, repiten con insistencia que o peor xa pasou. Esta mensaxe é repetida unha e mil veces polos seus altofalantes (dígase medios de comunicación “libres e democráticos”) ata converter a mentira e dogma de fe.Estamos de acordo con esta valoración, o peor xa pasou, pero o peor para eles. A súas indecentes ganancias, baseadas na especulación financeira e na explotación do proletariado, volven ao rego, volven a seren multimillonarias grazas ás medidas das democracias occidentais: cartos públicos para os culpábeis da crise, privatizar as ganancias e socializar as perdas, velaí a receita.E o pobo traballador? O pobo traballador segue, progresivamente, empeorando as súas condicións de vida civil e laboral. Segue a pagar, engadindo a súa débeda -motivada polo exceso consumista e pola perda de poder adquisitivo- a débeda do patrón.Mentres os meses pasan sen dar unha resposta sindical contundente, cando nunca antes existiron tantas condicións obxectivas, o capital maquíllase e pon no tapete todas as armas necesarias para o control de calquera salto revolucionario. A responsabilidade dos que defendemos o sindicalismo combativo e de clase non é outra que artellar a táctica e medios necesarios para acumular forzas de cara a consecución do noso principal obxectivo: asfixiar ao opresor. A FSM debe xogar o papel de océano onde iran a parar os mil ríos que a conforman; é nesta federación onde se deben dar os pasos, por todos e todas ideados, que poñan as rúas en pe. Compañeiros/as: desde a CUT de Galicia, reiteramos o noso saúdo fraternal a todas organizacións sindicais presentes nesta 8ª Conferencia Rexional Europea da FSM, estando seguros que as conclusións que se acaden na mesma, servirán para afortalar as posicións do sindicalismo de clase e a F.S.M., fronte as agresións do Sistema Capitalista. Atenas, setembro 2009.