Inspección de Traballo sanciona á adxudicataria da limpeza de Correos por incumprimentos en materia laboral e de prevención de riscos

254
  • Entre os incumprimentos figura a inexistencia dun Plan de Igualdade, obrigatorio para poder acceder a contratos do sector público
  • As traballadoras seguen coas mobilizacións de cara a unha posible folga estatal no outono

Inspección de Traballo abriu senllos expedientes sancionadores contra a empresa SCT (empresa concesionaria do servizo de limpeza de Correos) en Alacante, lugar onde tén a sede principal, ao detectar incumprimentos “tanto en materia laboral -por non ter negociado nin elaborado en prazo un Plan de Igualdade-, como en materia de prevención de riscos laborais – por non ter un Servizo de Prevención propio, estando a entidade obrigada a telo-”.

Igualmente a Inspección efectuou requirimento con proposta de sanción para enmendar outras irregularidades en materia de recibos de salarios e prevención e saúde laboral (falta de recoñecementos médicos, botiquíns ou formación en prevención).

Esta resolución é a resposta á denuncia presentada por unha traballadora da limpeza de Correos en Compostela, afiliada da CUT, quen puxo en coñecemento da Inspección as irregularidades existentes en Galicia.

Entre outras irregularidades, denuncian que SCT non entrega o recibo de salarios agás a aquelas persoas que o reclamen, e que non se abonan as pagas extra e a gratificación de marzo nas situacións de incapacidade temporal en contra do establecido nos art. 24 e 25 do convenio colectivo de edificios e locais da provincia (BOP 4 de xaneiro de 2021).

 

A empresa non ofertou a vixiancia da saúde a todas as compañeiras nin entregou a documentación necesaria para poder acceder á mutua as 24 horas tal e como establece o art. 32 do convenio. Tampouco se fixo envío de botiquíns aos centros.”

A empresa non ofertou a vixiancia da saúde a todas as compañeiras nin entregou a documentación necesaria para poder acceder á mutua as 24 horas tal e como establece o art. 32 do convenio. Tampouco se fixo envío de botiquíns aos centros.

Non se recoñece como tempo de traballo a efectos de compensación o tempo investido na realización do curso de prevención de riscos online, cos equipos das propias traballadoras e fóra de horas de traballo.

Moitas traballadoras están sen uniformidade e teñen que usar a da anterior adxudicataria. As que a recibiron non teñen dúas prendas e calzado tal e como se indica no art. 15 do convenio colectivo.

Non se fixo entrega da avaliación de riscos. Os responsables da prevención non visitaron os centros de traballo para poder facer unhas avaliacións de risco iniciais acordes coa realidade dos servizos prestados.

Tampouco conta cun Plan de Igualdade, que debe ser negociado coa representación das traballadoras para o centro de traballo de Galicia, ao contar con máis de 50 traballadoras. Feito polo que a anterior concesionaria xa fora sancionada pola Inspección de Traballo da Coruña e que constitúe un dos requisitos para acceder á contratación no sector público segundo a Lei 9/2017, de 8 de novembro.

Todas estas irregularidades levaron ás traballadoras da limpeza de Correos a desenvolver un calendario de mobilizacións en Galicia, a máis recente onte na oficina principal de Correos na Coruña, e a establecer contacto coas traballadoras do resto do estado de cara a unha posible folga no outono.”

 

Todas estas irregularidades levaron ás traballadoras da limpeza de Correos a desenvolver un calendario de mobilizacións en Galicia, a máis recente onte na oficina principal de Correos na Coruña, e a establecer contacto coas traballadoras do resto do estado de cara a unha posible folga no outono.

O xoves 17 de agosto está prevista outra mobilización en Vimianzo e o sábado 2 de setembro terá lugar unha asemblea de traballadoras en Compostela.

Dende a CUT urximos unha vez máis a rescatar todos os servizos públicos externalizados para garantir que o traballo e o servizo á cidadanía se desenvolva nunhas condicións óptimas.