A Xunta vén de anunciar melloras na iniciativa ARCO e os medios de comunicación galegos, voceiros sempre en positivo limítanse a informan das intencións do goberno no reforzo educativo sen indagar en nada máis.
Os reforzos serán, disque, nas materias necesarias para unha mellora no rendemento académico da rapazada. Mais como se pretende acadar esas loables aspiracións educativas de ARCO presenta grandes eivas educativas porque:
- Cando se fala de reforzar as linguas, a realidade é que só se envían aos centros especialistas de reforzo da especialidade 590004-Lengua Castellana, e non se reforzará e enviará ningún docente da especialidade 590053-Lingua Galega que de novo se minoriza conscientemente dende a Xunta de Galicia.
- Non haberá un clima que favoreza o traballo, nin melloras na contorna, porque o galego fica recluído, aínda en áreas galegofalantes.
- Non haberá nas competencias interdisciplinarias, nin fomentará a participación xa que a inmersión lingüística no idioma do país seguirá sendo materia excluínte para moito do alumnado.
- Non se acadarán e superarán os obxectivos do nivel educativo se a calquera alumna ou alumno non lle está permitido mellorar a competencia lingüística na lingua galega, pese a quen lle pese, falada e de uso cotián nos centros de ensino e no contorno para o que son formados.
Para quen non o coñeza, que vén sendo o programa ARCO? Segundo o corporativismo estatal:
- Apoiar o alumnado para a mellora do rendemento académico.
- Mellorar o éxito escolar e previr o abandono educativo temperán do alumnado que cursa as ensinanzas obrigatorias.
- Xerar un clima de aprendizaxe que favoreza o traballo en equipo, cooperativo e/ou por proxectos.
- Diminuír as barreiras de aprendizaxe que dificultan superar e acadar os obxectivos do seu nivel educativo.
- Xerar contornas de aprendizaxe que favorezan a interacción, o traballo colaborativo e a aplicación de metodoloxías participativas que melloren o desenvolvemento das competencias clave do alumnado.
- Desenvolver modelos curriculares máis competenciais, interdisciplinares e participativos.
- Impulsar a aplicación de cambios organizativos e metodolóxicos que permitan o seguimento personalizado das súas competencias.
Nos centros públicos de educación hai, curso tras curso, as mesmas necesidades, que este tan anunciado plan vén parchear:
- Falta de profesorado en todo tipo de especialidades.
- O programa ARCO só contará cun único profesor, a tempo parcial na maioría dos casos, de matemáticas ou lengua castellana, para atender á rapazada dos tres últimos cursos da ESO, reforzando a “harmonía lingüística castelánfalante”.
- Increméntanse de forma escandalosa os contratos a profesoras/os a tempo parcial (medias interinidades) que apareceron en 2017 para quedarse e agora co plan ARCO.
- Terán unha implantación nun número limitado de centros educativos públicos e só para unha parte do alumnado con especiais necesidades de reforzo.
Grandes titulares após un comezo de curso escolar, coma vén sendo costume, caótico, desorganizado, falta de medios persoais e físicos, escasamente traballado por parte de quen debe facelo: CONSELLARÍA DE EDUCACIÓN.
A realidade é que o traballo está sendo realizado por:
- A boa vontade e o traballo de docentes, ANPAS, persoal laboral dos centros.
- A paciencia do alumnado para adaptarse a barullada e falta de organización por parte de quen ten a responsabilidade deste nefasto comezo de curso: O equipo do conselleiro Román Rodríguez.
- O diñeiro para programas ARCO, Reforza-T, Iguala-T, Con-Vive, Inclue-T,… de fondos europeos.
NOVO CURSO, MESMOS PROBLEMAS