Información Petit Comite 11 Marzo

66

– Informa a empresa que unha vez analizada a situación especifica do estado Español (impostos,fiscalidade,cuotas etc) a Dirección do Grupo PSA cuantificou a demominada Prima Back in the Race en 561€ lineais a todos/as os /as traballadores/as con contratos a tempo completo. Contratos a tempo parcial recibiran en función do calculo das horas realizadas en 2015. Xubilados a tempo parcial na cuantia da súa parcialidade 25%. Outros traballadores/as do grupo poden percibir unhas cantidades distintas .

– A empresa vai emprender unha campaña de concenciación da limpeza debido a que en lugares exteriores das naves se acumula suciedade, vasos, cartons etc.. por culpa dos traballadores/as.

Ccoo e Fsi, amosan a súa preocupación polo reparto de octavillas sindicais nos vestiarios, afirman que producen unha mala imaxe e restan intimidade.

Valoración da CUT:

Prima: O euro ten o mesmo valor nos paises onde se usa como moneda!. Historicamente se enganaba aos traballadores/as afirmando que o franco frances e a peseta tiñan valor distinto e polo tanto os salarios e complementos eran mais altos en Francia. Agora se nos engana afirmando que a fiscalidade é distinta.., que en francia a paga inclue outras cousas.. O ano pasado que habia perdas de 555mll€ recibiron en total 1000€ este ano 2000€ de promedio dos cales 690€ son da Prima Back to the Race.

FRANCIA 2000€ – VIGO 561€

A realidade é que 561€ son insuficientes, para compensar os sacrificios feitos pola plantilla de Vigo. A verdade é que a promesa de Tavares de que veriamos recompensados os esforzos cando o Grupo “ to the Race” non se cumpre! Canto aportou a fábrica de Vigo a eses beneficios de 1.200 mll €? Cantos recortes levamos nos últimos 10 anos? E porporcional o aporte co recibido?. Para o cliente é máis barato o coche feito en Vigo?

Limpeza: Primeiro se crea o problema e despois se busca culpabeis aos incivicos traballadores. Reducense as gamas de limpeza, as frecuencias e agora se achaca aos traballadores que teñen sucia a fábrica e que van educalos mediante unha “campaña”.