India, exitosa folga xeral

101

Unha folga xeral masivamente concorrida paralizou a India no día de onte.Millóns de traballadores e traballadoras da India, apoiaron na xornada de onte, unha xornada de folga xeral que paralizou os sectores estratéxicos do País. A adhesión masiva de sectores como a Banca, a Metalurxia, o Transporte, as Telecomunicacións a Minaría, a Industria Manufactureira, os Servizos Portuarios ou os Servizos postais, certificaron o éxito dunha xornada de loita que as forzas sociais, políticas e sindicais do País celebraron como unha das máis importantes dende a súa independencia nacional, no 1947.As reivindicacións sobre a suba de prezos, a fin da terciarización, a universalización do Salario Mínimo, a Seguridade Social Universal, a aplicación das leis laborais básicas, a igualdade retributiva para as contratacións temporais e indefinidas ou o rexistro de todas as centrais sindicais nun prazo de 45 días, serviron para artellar unha posta en común das once centrais sindicais do País e das máis de cinco milleiros de centrais sectoriais, no que califican dende o propio sindicalismo clasista como “data histórica para a unidade sindical”.Malia a forte represión policial e política que xa é habitual especialmente na Bengal Occidental, onde o pasado 22 de febreiro foron asasinados a machadazos dous líderes sindicais da CITU, e malia as reiteradas ameazas do Primeiro Ministro á clase traballadora co obxecto de conseguir a suspensión da folga, a dignidade obreira demostrada na rúa polas traballadoras e traballadores tanto desta rexión como do conxunto do estado indio forma xa parte da historia da súa clase traballadora, nun intre no que o monólogo neoliberal está a distraer un Capital que se sente forte para levar a ruína a todos os pobos traballadores do mundo.