As delegadas da Central Unitaria de Traballadoras celebramos hoxe en Vigo unha xornada de formación sobre incapacidades temporais e permanentes.
No encontro -guiado polo avogado Brais González- debullamls os dereitos, procedementos, prazos e trámites nos casos de incapacidade laboral, así como as ferramentas sindicais para facer cumprir os nosos dereitos nestes supostos.

Ante as manobras do goberno galego para minorar eses dereitos (pluses para as médicas de atención primaria que recurten a duración das baixas, reforzo do persoal de inspección sanitaria autonómica e procedemento para tramitar a alta proposta pola mutua sen a revisión do INSS), lembramos que a incapacidade non é absentismo e dotámonos do coñecemento das ferramentas para intentar atacar estas agresións á clase traballadora.
Coa saúde non se xoga!












