Este venres, 7 de novembro ás 19 h terá lugar a inauguración do novo local comarcal da CUT no Morrazo, situado na Avenida de Vigo, nº 12 (fronte ao parque de Nazaret).
Dende a CUT convidamos á afiliación a participar neste acto reivindicativo, no que repasaremos a historia da nosa orixe (e loita) sindical nun ambiente festivo no que haberá un espazo para petiscar e partillar as nosas experiencias, cambios e inquedanzas.
Quedades convidadas!












